Uxía Lambona e a Banda Molona
Nenas, nenos, nais, pais, avoas, avós, curmás, curmáns, tíos, tías, marcianos, ratos, ras, vacas, insectos voadores, astronautas, gaiteiras, pallasos, mecánicas..., xentes de aquí e de acolá, xentes do mundo!!!
Despois de dar voltas e reviravoltas a Galicia, norte, sur, leste, oeste, de baixar, subir, brincar e rebrincar prazas, rúas, auditorios, teatros, e incluso concertos intercibernéticos... aquí seguimos batallando, rebentando coa nosa forma particular de ver o mundo, a música e a cultura... E estamos aquí de novo para vos amosar ese mundo imaxinario no que viaxamos... ese mundo cheo de tolemias, de viaxes, chimpos e soños..., para vos amosar...EEEEIIIIII CARBALLEIRA!!!, cargadiño de temas para cantar, bailar e alegrar o corazón, pero tamén nesta ocasión, de contos en banda deseñada.
Como sabedes, Uxía Lambona e a Banda Molona somos Serghaño, Roscón, Ñoc, Pali, Abraham e Uxía, e ides atoparnos no cómic, claro!, pero con nós está sempre Javi, o técnico de son, que fai un traballo xenial…, e ao que normalmente non vedes.
Pois... tedes un reto: hai que atopar a Javi en cada un dos cómics!, e siiii!, está en todos! Veña, “onde está Javi?”. Agardamos que vos guste, que nos acompañedes nesta particular viaxe e que compartades momentos cargadiños de sorrisos!!!
Contrátanos
Ficha Técnica
Partituras